• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

Convocatoria de Asemblea Extraordinaria - XOVES 12 DE ABRIL

Boas a tod@s. Pregamos a lectura aos soci@s da ANPA desta comunicación IMPORTANTE. Aos non asociados animarvos a que vos fagades socios da ANPA o vindeiro curso 2018/2019.

 

Tal coma se indica nos Estatutos da ANPA Picariños os asociados e asociadas teñen entre os seus dereitos a opción de elexir e ser elexidos para cargos directivos da ANPA.

 

O próximo mes de Abril finaliza o periodo de 2 anos de mandato da actual Xunta Directiva, na cal os seus membros levan 4, 6 ou máis anos desenrolando este papel. Chegada a finalización do mandato, procedemos a informar aos nosos asociados do procedemento de elección da nova Xunta Directiva, o cal será con candidaturas conxuntas (puidendo presentarse calquera grupo de nais ou pais membros da nosa ANPA aos postos que consideren oportunos). Se algún asociado desexa presentarse individualmente a formar parte da Xunta Directiva deberá comunicarllo á Anpa tamén. As comunicacións deberanse realizar mediante correo electrónico dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

 

Elixirase a candidatura que teña maior número de votos.

 

Candidaturas. Composición.

Estarán compostas por un mínimo de 6 asociados e deberán identificar ás persoas candidatas aos seguintes cargos :

 Presidencia

 Vicepresidencia

 Secretaría

 Tesourería

 Vogalías (cun mínimo de 2 persoas)

O voto será secreto. Cada asociado presente na Asemblea poderá emitir 1 voto.

 

No caso de non presentarse candidatura algunha para a elección democrática da Xunta Directiva, estabrécense dous escenarios:

-         1º.- Que parte da Xunta Directiva saínte renove por outros dous anos máis, cubrindo as prazas que queden valeiras na Directiva con asociados que se ofrezan voluntariarios na Asemblea ou ben en último caso seleccionados por sorteo.

-         2º.- De non producirse o 1º escenario, procederíase a elixir á nova Xunta Directiva na súa totalidade a través de sorteo.

Nun hipotético sorteo, en calquera dos dous escenarios, entrarían todos os asociados do curso 2017/2018. O motivo non é outro que garantir a continuidade da ANPA, e consecuentemente, manter activa a vida e funcionamento da ANPA, a cal xestiona/coordina o servizo de Madrugadores/Comedor Escolar/Actividades, presenza da ANPA no Consello Escolar, financiación de talleres para todo o alumnado no centro, Escola de Familias para país/nais/titores, etc……

Indicar tamén, que no caso de que un asociado sexa seleccionado por sorteo para formar parte da Xunta Directiva, sempre poderá presentar a súa renuncia por escrito ao cargo alegando os motivos que considere oportunos.

No caso final de que non se forme unha Xunta Directiva (esperemos non chegar a esta situación), procederíase á disolución da ANPA, iniciando o proceso según os artigos recollidos nos seus Estatutos.

O prazo para presentar candidaturas rematará o día 5 de Abril de 2018 ás 18.00 horas, unha semana antes da realización da Asemblea extraordinaria, Asemblea a cal informamos que a Xunta Directiva fixou para o xoves 12 de Abril de 2018, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no salón de actos do centro. Só poderán asistir a Asemblea asociados á ANPA neste curso 2017/2018.

 

Voltaremos a mandar comunicación recordando a data da Asemblea nos vindeiros días. Prégase asistencia dos asociados.

 

A orde do día terá os seguintes puntos:

 

-         Lectura e aprobación da Asemblea do 21 de Setembro de 2017.

-         Renovación do servicio de Comedor Escolar/Madrugadores.

-         Eleccións dunha nova Xunta Directiva.

-         Rogos e Preguntas

Moitas grazas a tod@s ;-)