• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

CONVOCCATORIA ELECCIONS FESANPAS

PUBLICAMOS A CONTINUACION CONVOCATORIA DE FESANPAS.


Conforme o acordado pola Xunta Directiva o 14 de DECEMBRO de 2017, convoco
Asemblea Extraordinaria de FESANPAS.

Día: 15 de xaneiro de 2018
Hora:
Primeira convocatoria: 20:00 h
Segunda convocatoria: 20:30 h
Lugar: Biblioteca do IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ.

ORDE DO DÍA
Asunto único.- Elección de Nova Xunta Directiva.

A ESTRADA, 14 de decembro de 2017
José Manuel Blanco Sanmartín, presidente de FESANPAS

 

Trala entrada en vigor dos Estatuos modificados pola Asemblea do 24 de novembro de 2011, o proceso de elección da Xunta Directiva, recollido no artigo 26, é o seguinte:

O procedemento de elección será a partir de listas abertas, podendo presentarse calquera nai ou pai membro dunha ANPA asociada a FESANPAS, ó posto que considere oportuno mediante correo electrónico dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

O prazo para presentar a candidatura rematará unha semana antes da realización da Asemblea.

Elixirase a candidatura que teña maior número de votos.

Se alguén fose o máis votado para máis dun cargo, poderá escoller o que considere oportuno, pasando ó seguinte de lista no caso do cargo que non se escollese. O voto será secreto.

No caso de non presentarse candidaturas para a elección democrática da Xunta Directiva, a Asemblea procederá a nomear unha Xunta Directiva cun mandato dunha duración dun ano no que a ANPA que tiña o cargo de vicepresidente pasaría á Presidencia e a ANPA que tiña o cargo de tesoureiro pasaría á Secretaría e deste xeito cada ano renovaríanse os cargos de vicepresidente e tesoureiro, que serían ocupados por representantes de ANPAS que o ano anterior non estaban na Xunta Directiva, para que así tódalas ANPAS estean na obriga de participar nalgún momento na Xunta Directiva.

A Asemblea, segundo se recolle no artigo 18 dos Estatutos está formada por unha persoa representante de cada ANPA pertencente a FESANPAS, así como por tódalas persoas que compoñen a Xunta Directiva de FESANPAS.

Polo tanto, teremos unha persoa por Codeseda, Lourdes, Pérez Viondi, IES Antón Losada e IES nº 1 e dúas por Oca, Figueiroa, O Foxo e García Barros.

Xa que logo, propoño que se convoque Asemblea Xeral extraordinaria, na que se procederá á elección de nova Xunta Directiva para o luns 15 de xaneiro ás 20:00 horas, en primeira convocatoria e ás 20:30 horas, en segunda convocatoria, de acordo cos artigos 19 e 23 f) dos vixentes Estatutos de FESANPAS.

O prazo para presentación de candidaturas rematará ó 8 de xaneiro ás 19:59 horas.

No caso de non se presentar candidaturas, a presidencia asumiríaa o curso 2017-2018 a ANPA do IES Nº 1, e a secretaría a ANPA do IES MANUEL GARCÍA BARROS. A vicepresidencia sería para a ANPA do CPR Nosa Señora de Lourdes e a tesourería recairía na ANPA do CEIP de Codeseda.

A Xunta Directiva, por unanimidade dos presentes, aproba realiza-la convocatoria da Asemblea extraordinaria para a elección da Xunta Directiva para o luns 15 de xaneiro, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria e ás 20:30 horas, en segunda convocatoria na Biblioteca do IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ na Estrada.