• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

FINDE AVENTURA

Anexamos información relativa a actividade "finde aventura" organizada por FANPA PONTEVEDRA e que se realizará o vindeiro 28 e 29 de xuño, esperamos que sexa do voso agrado e contar coa vosa participación.

 

FINDE AVENTURA

 

DESCRICIÓN DO PROXECTO

  Pasar unha fin de semana en familia, xunto a outras familias, nunha paraxe excepcional dos arredores da nosa cidade, disfrutando da natureza practicando kaiak e sendeirismo coa modalidade Nordic Walking, provistos de bastóns.

OBXECTIVOS

-  Pasar unha fin de semana en familia.

-  Realizar actividades de aventura na nosa contorna.

-  Coñecer o Nordic Walking.

- Convivir e compartir espazo e tempo con outras familias.

DESTINATARIOS/AS

 Familias con fillos e fillas dispostas a pasar unha fin de semana inesquecible.

Os/as menores de 5 anos non poderán participar na actividade de Kaiak.

O número mínimo de participantes na actividade será de 10 persoas e o máximo de 20, sempre tendo en conta as prazas do hotel.

INSTALACIÓNS

Hotel as Islas, Vilaboa. Ao lado do club de piragüismo de Vilaboa, con piscina, terraza e barbacoa. 

CALENDARIO E HORARIO

 

Incorporación o sábado 28 de xuño ás 16:00 h e saída o domingo 29 de xuño ás 13:00 h.

RECURSOS

Recursos Humanos: monitores/as do club de piragüismo de Vilaboa e acompañantes ao sendeiro. 

Recursos Materiais: chalecos, palas, embarcacións, paus de Nordic Walking (sendeirismo con bastóns) opcionais.

ORZAMENTO

O seguinte orzamento inclúe:

  • Estancia no hotel Las Islas en réxime de media pensión (cea e almorzo).
  • Aluguer material de kaiak e monitores/as acompañantes.
  • Opcionais bastóns de Nordic Walking.
  • Monitora acompañante no sendeiro.

Persoas socias de ANPA federada …………………..………….. 40 €

Persoas non socias de ANPA federada…………………………. 50 € 

As familias con 5 ou máis membros inscritos terán un 25% de desconto, nas inscricións a partir do quinto membro.

Os menores de 5 anos gratis.

 

INSCRICIÓNS

Do 13 ao 17 de xuño no correo  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. " target="_blank"> Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  indicando:

  • 18.0pt;mso-list:l1 level1 lfo2;tab-stops:list 0cm"> - Nomes e apelidos de todos os membros da unidade familiar que participarán na actividade indicando a idade dos menores.
  • 18.0pt;mso-list:l1 level1 lfo2;tab-stops:list 0cm"> - Documento escaneado que xustifique pertencer a unha ANPA federada na FANPA

18 de xuño as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas socias de ANPA federada.

Do 19 ao 23: as persoas admitidas farán o ingreso correspondente no seguinte número de conta (Banco Caixa Geral): IBAN: ES 6601303002420124462566

Esta actividades será levada a cabo pola empresa Abrakadabra.

Teléfonos de información: 986 858 605 (FANPA) ou 986 103 557 (Abrakadabra)

Máis info en: http://nontedurmas.org/actividades/article/finde-aventura