Imprimir

Cursos Celga

Escrito por anpa. Publicado en NOTICIAS

Ola a tod@s:


O próximo venres 25 de xaneiro ás 12:00 h remata o prazo de inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.


No noso afán de promover actividades de interese para as nosas familias, acordamos co Concello da Estrada a posibilidade de que se celebren estes cursos en horario de mañá e/ou tarde para facilitar a asistencia de todos aqueles que poidan estar interesados en ampliar a súa formación pero que teñan problemas para compatibilizar o coidado dos nenos coa mesma.
O curso aínda non ten data nin hora fixada pero estímase que entre abril e maio dará comezo. A duración total é de 70 h e serían entre 2 h e 2 h e media diarias.


Para poder levar a cabo esta formación necesítanse un mínimo de 20 persoas interesadas. A inscrición formalízase directamente no Concello, no Departamento de Cultura e podedes indicar que pertencedes á ANPA Picariños do CEIP de Figueiroa, xa que pode haber inscricións noutros horarios. NON É IMPRESCINDIBLE PERTENCER Á ANPA PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS.


Animámosvos a mellorar as vosas competencias lingüísticas en galego, xa que despois dos cursos celébranse as probas CELGA que acreditarán o voso nivel.


Un saúdo,
A Directiva

 

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013 (ED104B e ED104D).