• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA - ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Convocatoria de Asemblea Extraordinaria

Boas a tod@s. Pregamos a lectura aos soci@s da ANPA desta comunicación IMPORTANTE. Aos non asociados animarvos a que vos fagades socios da ANPA neste curso 2022/2023.

 

Tal coma se indica nos Estatutos da ANPA Picariños os asociados e asociadas teñen entre os seus dereitos a opción de elexir e ser elexidos para cargos directivos da ANPA.

 

Varios membros da Xunta Directiva están próximos á finalización da súa vida con Centro, ao ter fill@s en 6º de Primaria. Chegados a este punto, e para ter tempo abondo para o traspaso de tareas, procedemos a informar aos nos@s asociad@s do procedemento de elección da nova Xunta Directiva, puidendo presentarse calquera candidatura/grupo de nais ou pais membros da nosa ANPA aos postos que consideren oportunos.

As comunicacións deberanse realizar mediante correo electrónico dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

 

Elixirase a candidatura que teña maior número de votos.

 

Candidaturas. Composición.

Estarán compostas por un mínimo de 6 asociados e deberán identificar ás persoas candidatas aos seguintes cargos :

- Presidencia

- Vicepresidencia

- Secretaría

- Tesourería

- Vogalías (cun mínimo de 2 persoas, aconsellable 4)

 

O voto será secreto. Cada asociado presente na Asemblea poderá emitir 1 voto. AVISO IMPORTANTE: Toda persoa que o 15 de Marzo de 2023 non teña pagada a cuota de socio, non figurará coma asociado na asemblea, polo cal non poderá emitir voto nin asistir á propia asemblea.

 

No caso de non presentarse candidatura algunha para a elección democrática da Xunta Directiva, estabrécense dous escenarios:

-         1º.- Que a da Xunta Directiva saínte renove por outros dous anos máis, cubrindo as prazas que queden valeiras na Directiva con asociados que se ofrezan voluntariarios na Asemblea ou ben en último caso seleccionados por sorteo.

-         2º.- De non producirse o 1º escenario, procederíase a elixir á nova Xunta Directiva na súa totalidade a través de sorteo.

 

Nun hipotético sorteo, en calquera dos dous escenarios, entrarían todos os asociados do curso 2022/2023. O motivo non é outro que garantir a continuidade da ANPA, e consecuentemente, manter activa a vida e funcionamento da ANPA, a cal xestiona/coordina o servizo de Madrugadores/Comedor Escolar/Actividades, presenza da ANPA no Consello Escolar, financiación de talleres para todo o alumnado no centro, Escola de Familias para país/nais/titores, etc……


Indicar tamén, que no caso de que un asociado sexa seleccionado por sorteo para formar parte da Xunta Directiva, sempre poderá presentar a súa renuncia por escrito ao cargo alegando os motivos que considere oportunos.

 

No caso final de que non se forme unha Xunta Directiva (esperemos non chegar a esta situación), procederíase á disolución da ANPA, iniciando o proceso según os artigos recollidos nos seus Estatutos.

 

O prazo para presentar candidaturas rematará o día 24 de Febreiro de 2023 ás 20.00 horas, candidaturas as cales expoñeranse no Centro, web da Anpa, comunicaranse por Abalar e nota impresa.

 

Queda fixada a Asemblea extraordinaria para o xoves 16 de Marzo de 2023, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no salón de actos do centro (accedendo pola entrada do patio de acceso ao comedor escolar). Só poderán asistir a Asemblea asociados á ANPA neste curso 2022/2023.

 

                                Moitas grazas a tod@s ;-)