Imprimir

COMUNICADO A ASOCIADOS

Informamos que con motivo do 10º aniversario da constitución de FESANPAS, a Federación Estradense de Anpas, da cal a nosa ANPA é membro, decidiu obsequiar aos asociados das ANPAS federadas con entradas para a obra de teatro de monicreques O LOBO E A LÚA, que a Compañía Baobab Teatro poñerá en escena no Teatro Principal o sábado 5 de maio de 2018 ás 12:30 horas. Para facer reserva de entradas será preciso enviar un mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. "> Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . Dispoñemos de 50 entradas, as cales distribuiranse según a orde de solicitude recibida.

Tamén informar que o próximo 17 de Maio celebrarase no entorno do Castro de Callobre, a festa dos Maios. Una iniciativa que trata de recuperar esta tradición, e posibilitar ás familias pasar una xornada nunha fermosa paraxe natural, con música, arte, etc. Foron invitados todos os centros/anpas do concello, e a día de hoxe xa existen varios centros ca súa presenza confirmada. Toda familia interesada en participar na construcción/participación do MAIO da Anpa rogamos contacte no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. "> Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

3ª Sesión Escola de Familias Crecer Xuntos - Luns 23 abril ás 20.15h  -   AUTOESTIMA

O que cada un sinte sobre a súa persoa, capacidades, pensamentos, sentimentos, sensacións e experiencias persoais vividas durante a súa vida.

 Constrúese día a día coa aceptación da contorna na que nos desenvolvemos. 

A influencia da familia na autoestima dos ses fill@s cando están crecendo é fundamental, porque  transmite ou ensina os

primeiros e máis importantes valores que lles levaran a formar, a raíz destes, a súa personalidade e o seu nivel de autoestima.

 

Sesión aberta a todos os pais do centro. Esperámosvos no salón de actos do centro o próximo luns.

 

Por último, comentar que estamos traballando en diferentes accións para este último trimestre: excursión fin de curso da Anpa, algún obradoiro infantil, etc. Próximamente continuaremos informando.