• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

CAMPAMENTOS DE VERÁN - CONCELLO DE A ESTRADA

Aberto o prazo de  presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2014 organizados polo Concello.  

O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e   laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e no Nadal e desenvolverase do   1 de xullo ao 10 de setembro  de 2014 e durante as vacacións de Nadalde luns a venres agás os dias festivos, en horario de 8:00 a 14:00.

No Campamento Urbano 2014, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores,  desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas. As actividades impartiranse por grupos de idade.

Os rapaces/zas poderán inscribirse ó campamento por quincenas ( do 1 ó 15 e do 16 ó 31 nos meses de xullo e agosto), e/ou para os períodos comprendidos entre do 1 ó 10 de setembro e no período correspondente ás vacacións de Nadal.

As persoas empadroadas no concello da Estrada contarán coas seguintes bonificación sobre o prezo público:

a) Familias empadroadas no concello da  Estrada:

-  Bonificación inscrición Xeral:  30% 

-   Bonificación familias numerosa : 40%

No caso de participación de varios irmáns,o segundo e seguintes terán unha bonificación do 50%.

Bonificación pola participación do 1 ó 10 de setembro: 30%

- Bonificación pola participación nas vacacións de Nadal: 30%

b) As Familias non empadroados e que os  pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal) non contarán con bonificación, debendo abonar o 100% do custe por quincena/período de inscrición.

prazo para a inscrición permanecerá aberto dende o día 2 ata as 14 horas do día 16 de xuño.  A ficha de inscrición, segundo modelo, deberá presentarse no prazo indicado no rexistro de entrada do Concello, achegando a seguinte documentación:

                        - Fotocopia do D.N.I. do pai, nai ou titor.            

                        - Fotocopia tarxeta da Seguridade Social   do/a  menor             

                        - 1 fotografía tamaño carné do/a menor       

                        -  No caso de familias numerosas, fotocopia da cartilla acreditativa vixente

                        - Xustificante da actividade laboral dos pais/titores (certificado da empresa)

                        - Volante de empadroamento

            Unha vez comunicada a concesión da praza, deberá presentar o xustificante de pago da/s quenda/s nas que figura inscrito/a o/a menor nos 3 dias seguintes á comunicación. De non efectuar o pago procederase á incorporación das persoas que se atopan na lista de reserva, se fose o caso.

O  número máximo de participantes será a 50 menores por quincena/período, que segundo as idades se dividirán en grupos para favorecer  a adaptación das actividades ás capacidades dos menores. No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:

1. Familias atendidas no Programa de Educación Familiar que conten con prescrición técnica argumentada de incorporación.

2. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse  traballando durante o período de inscrición nas actividades.

3. Rapaces e rapazas participantes no Programa “Vacacións en Paz 2014”

4. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal 

5. Rapaces rapazas que acrediten a condición de familia numerosa

6. Orde de entrada das solicitudes.

No caso de que se dispoña de prazas vacantes en algunha das quendas/períodos atenderanse solicitudes fora de prazo e poderán participar nas actividades rapaces e rapazas non empadroados sen necesidade de acreditar a actividade laboral dos pais no termo municipal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Quenda de Verán:    do 2 ó 16 de xuño

Quenda de Nadal:    do 20 de novembro ó 5 de decembro

PARA MÁIS INFORMACIÓN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO OU CHAMANDO Ó TELÉFONO 986/57.32.65.